Inicio Galicia A Xunta adxudica por preto de 200.000? as obras de restauración na...

A Xunta adxudica por preto de 200.000? as obras de restauración na igrexa de San Bartolomeu de Berrande en Vilardevós

0

As actuacións teñen como principal obxectivo reducir humidades e problemas de entrada de auga e contarán cun prazo de execución de cinco meses

A Xunta de Galicia ven de adxudicar por preto de 200.000€ (198.497,86€) os traballos de restauración da igrexa de San Bartolomeu de Berrande, no concello de Vilardevós. As actuacións teñen como principal obxectivo resolver e reparar as patoloxías existentes no templo, reducindo as humidades en elementos singulares ou na cuberta, atallando os problemas de entrada de auga no interior do campanario ou corrixindo o deterioro dos elementos estruturais do campanario.

A igrexa parroquial de San Bartolomeu de Berrande é un ben incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia de estilo barroco e construído no ano 1792. Conta cunha planta de cruz latina con naves simples, cubertas cunha bóveda de pedra agás na área do cruceiro. Na entrada principal, aos pés do templo, existe un pequeno espazo intermedio que serve de base a unha torre-campanario de tres corpos, o elemento mais barroco da igrexa e sobre o que se localiza a tribuna.

As actuacións terán un prazo de execución de cinco meses e abarca, entre outras accións, a substitución integral da cuberta existente, incluíndo a súa estrutura de madeira e material de cubrición, intervencións de limpeza e rexuntado, a colocación dunha estrutura metálica singular sobre o oco existente na torre do campanario para evitar a entrada de auga, a restauración do sistema portante das campás, a renovación das carpinterías existentes e a substitución do pararraios da instalación.

Para poder desenvolver os traballos necesarios, o Goberno galego asinou un convenios e colaboración coa Diócese de Ourense para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración de varios inmobles eclesiásticos, entre os que atopa a igrexa de San Bartolomeu de Berrande.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre