Inicio Galicia A Xunta adxudica por máis de 83.000 euros as obras de mellora...

A Xunta adxudica por máis de 83.000 euros as obras de mellora dos aseos e vestiarios do IES Escolas Proval no concello de Nigrán

0

Os traballos inclúen o acondicionamento na planta baixa dun espazo de 109,10 metros cadrados no que se localizarán tres vestiarios independentes


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de adxudicar por máis de 83.000 euros as obras de mellora dos aseos e vestiarios do IES Escolas Proval no Concello de Nigrán. Uns traballos que consistirán no acondicionamento na planta baixa dun espazo de 109,10 metros cadrados no que se localizarán tres vestiarios independentes; un masculino, outro feminino e un terceiro adaptado.

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, foi o encargado de anunciar unha actuación coa que se dá resposta á unha solicitude do propio centro escolar. A construción, datada no ano 1930, a penas sufriu variacións, salvo pequenas obras de conservación, mantendo intactos os seus usos orixinais. Na actualidade, un dos vestiarios fai as veces de almacén.

Segundo informou o representante autonómico, o obxectivo desta última intervención é o de dar servizo de aseo ao alumnado tras as clases de ximnasia ou o uso do pavillón existente, creando espazos adaptados a esta necesidade e accesibles, en cumprimento da normativa vixente. O prazo de execución destes traballos é de dous meses.

Leer más:  Alerta amarilla en toda la costa gallega este viernes por oleaje

- Te recomendamos -