Inicio Galicia A Xunta adxudica por máis de 465.000 euros a primeira fase de...

A Xunta adxudica por máis de 465.000 euros a primeira fase de ampliación da rede de distribución de auga no concello de Mesía

0

A actuación ten un prazo de execución de 8 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a primeira fase de ampliación da rede de distribución de auga no concello de Mesía.

Esta intervención foi adxudicada á empresa es traballos Ovisa, Pavimentos y Obras, SL por un importe de máis de 465.000 euros. O prazo de execución dos traballos é de 8 meses, a contar desde o seu inicio.

A Xunta asume a financiación e execución deste proxecto presentado polo Concello de Mesía, que ten como obxectivo completar a rede de abastecemento de auga no municipio. A actuación permitirá dar servizo a un total de 1.224 habitantes equivalentes para o ano horizonte 2042.

Trátase de dotar de abastecemento á zona Oeste do concello, chegando nesta primeira fase á parroquia de San Cristovo, así coma a unha parte das parroquias de Visantoña e Olas. Na actualidade a parte Este do concello dispón de abastecemento.

Na intervención proxéctase a execución dunha rede de subministro que comeza coa execución do novo ramal principal desde o anel existente que se dirixe ata Visantoña e chega ata a estrada AC-223. De aí partirán a canalización principal e varios ramais.

A Xunta mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre