Inicio Galicia A Xunta adxudica por máis de 3,6 millóns de euros as obras...

A Xunta adxudica por máis de 3,6 millóns de euros as obras de acondicionamento da estrada AC-566, desde a saída de Valdoviño ata A Ramalleira

0

Os traballos, cun prazo de execución de 18 meses, prevén o seu inicio en novembro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar por máis de 3,6 millóns de euros as obras de acondicionamento da estrada AC-566, desde a saída de Valdoviño ata A Ramalleira.

Esta actuación, adxudicada á empresa Construcciones López Cao, S.

L., conta cun prazo de execución de 18 meses. Os traballos prevén o seu comezo no mes de novembro.

As obras recollen a redefinición do trazado ao longo de case 4 quilómetros da estrada que vai a Cedeira, ao seu paso por Valdoviño, dotándoa de terceiro carril para vehículos lentos, alí onde sexa posible, e coas mínimas afeccións ambientais na zona de protección de Rede Natura.

Para iso ensancharase e reforzarase o firme desta estrada ao longo de algo máis de 2 quilómetros. Nos outros preto de 1,9 quilómetros que comprenden a actuación, procederase á rectificación de curvas, á mellora de interseccións ou cambios de sentido e ao aumento de sección, habilitando un carril adicional para favorecer os adiantamentos.

Deste xeito, a intervención permitirá habilitar carrís de adiantamento para vehículos lentos en case a metade do treito no que se actúa.

Ademais, aínda que no inicio da actuación se van executar carrís adicionais na estrada para favorecer adiantamentos máis seguros, a vía manterá o seu trazado actual ao seu paso pola canteira e o pequeno val que hai nese punto, para minimizar afeccións. Na canteira rectificarase a curva que hai ao seu carón.

Igualmente se manterá o trazado actual da estrada cara ao treito final da actuación, chegando á Ramalleira, para non afectar ás numerosas edificacións que hai en ambas as marxes.

As obras de mellora na AC-566 favorecerán a mobilidade dos veciños, fundamentalmente de Valdoviño e de Cedeira, e incidirán no reforzo da seguridade viaria de todos os usuarios que transiten por esa vía, pola que circulan uns 5.000 vehículos ao día.

Tamén propiciará desprazamentos máis cómodos e tempos de percorrido máis reducidos entre os municipios da zona. Estímase que, unha vez realizada a mellora, se poderá reducir en preto dun 30% o tempo de tránsito polos 4 quilómetros de estrada que se acondicionan.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre