Inicio Galicia A Xunta adxudica por máis de 1,2 millóns de euros as obras...

A Xunta adxudica por máis de 1,2 millóns de euros as obras de mellora da seguridade viaria entre o acceso ao peirao do Covelo e o miradoiro da Granxa, entre os concellos de Poio e Sanxenxo

0

Trátase dunha intervención complementaria á que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executarse na senda de Covelo – Raxó, prevéndose o seu inicio entre finais deste ano e principios do 2019

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar por máis de 1,2 millóns de euros as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-308 (Pontevedra–A Lanzada), entre o a intersección coa rúa de acceso ao peirao do Covelo e o miradoiro da Granxa, entre os concellos de Poio e Sanxenxo.

Trátase dunha intervención complementaria á que está a executarse na senda de Covelo – Raxó e permite actuar nun treito de concentración de accidentes no mesmo ámbito, no marco da estratexia da Xunta de intervir na supresión destes tramos de concentración de accidentes da rede autonómica de estradas.

O inicio desta obras, adxudicada a Civis Global, S.

L.

U, está previsto entre finais deste año e principios do 2019, e se coordinarán coas que se realizan no ámbito da senda O Covelo – Raxó. As principais intervencións neste tramo consistirán na mellora das interseccións nas que se producen unha parte importante dos accidentes rexistrados nesta estrada, para o que se executará unha semiglorieta no acceso ao peirao do Covelo e unha glorieta na intersección coa PO-303 en Samieira, que permitirá calmar o tráfico e a realización dos xiros en condicións mais seguras, dado que a proximidade dun cambio de rasante fai que actualmente a visibilidade sexa reducida.

Leer más:  El Ayuntamiento de Vigo ha otorgado la redacción del proyecto del túnel entre Elduayen y Torrecedeira por un valor de 288.000 euros

Esta intervención licitada pola departamento de Infraestruturas da Xunta prevé ademais a construción dun carril central na intersección co Camiño Salgueiral e o acceso á Praia de Laño, así como a execución dunha segunda glorieta para acceso ao porto de Raxó, que incluirá a construción dun novo acceso e a eliminación do actual. O proxecto incluirá tamén a mellora doutras interseccións, mediante a execución de cuñas de aceleración e desaceleración, para facilitar a incorporación e saída da estrada, executándose tamén pequenos tramos de sendas, complementarios á mellora das interseccións.

Salientar que estas intervencións se enmarcan dentro do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020, que o Executivo autonómico está a desenvolver para intentar reducir ata 2020 a accidentalidade dos treitos cualificados coma “puntos negros”. Para iso, está prevista a execución de aproximadamente 40 actuacións en 90 km, cun investimento que superará os 12 millóns de euros, no horizonte desta lexislatura.


- Te recomendamos -