Inicio Galicia A Xunta adxudica por 3,8 millóns de euros as obras de renovación...

A Xunta adxudica por 3,8 millóns de euros as obras de renovación do firme na AG-53, entre Dozón e San Cristovo de Cea

0

Este contrato conta cun prazo de execución de seis meses, e centrarase na reparación de danos superficiais e na reposición do firme no tronco da vía e nos ramais

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de renovación do firme na autoestrada AG-53, no treito entre os enlaces de Dozón e de San Cristovo de Cea.

A actuación, adxudicada á empresa Taboada y Ramos, S.

L., por un importe duns 3,8 millóns de euros, conta cun prazo de execución de seis meses.

Intervirase no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 56+320 e 74+200 da autoestrada.

Os traballos centraranse na reparación de danos superficiais na estrada, no fresado de taboleiros de pasos de vigas e na reposición do firme en todo o tronco da vía e nos ramais do enlace de Cea.

Tamén se levará a cabo o repintado de todas as marcas viarias do tronco e dos ramais da autoestrada e a reposición de captafaros e elementos de balizamento.

Esta intervención está enmarcada no mantemento das estradas autonómicas de titularidade da Xunta co fin de garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade na comunidade.

Esta actuación foi autorizada no Consello de Administración da Sociedade Pública de Investimentos (SPI), adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre