Inicio Galicia A Xunta adxudica por 1,4 millóns de euros as obras de mellora...

A Xunta adxudica por 1,4 millóns de euros as obras de mellora da rúa Marcelo Macías, no Concello de Ourense

0

Esta actuación conta cun prazo de execución de 12 meses e o obxectivo é poder iniciala en agosto

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar, por un importe duns 1,4 millóns de euros, as obras de acondicionamento da rúa Marcelo Macías.

Esta actuación, adxudicada á empresa Petrolam Infraestructuras S.

L., conta cun prazo de execución de 12 meses e o obxectivo é poder iniciar as obras en agosto.

Os traballos na rúa Marcelo Macías consistirán na renovación do firme e dos servizos, así como na mellora das beirarrúas ao longo de 1,3 km.

A intervención aproveitarase para facer labores de mantemento no viaduto sobre o río Barbaña, que se dotará de iluminación singular e traballarase na accesibilidade peonil. Tamén, no referente aos servizos, renovaranse as redes de abastecemento, saneamento e alumeado.

A actuación tamén inclúe o reforzo da seguridade viaria con pasos de peóns con iluminación específica.

Todas estas renovacións de servizos supoñen un incremento do custo de proxecto inicial, polo que se fixo necesario un compromiso de cofinanciamento do 30% por parte do Concello de Ourense nesta actuación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre