Inicio Galicia A Xunta adxudica obras de mellora na estación depuradora de Melide, cun...

A Xunta adxudica obras de mellora na estación depuradora de Melide, cun investimento autonómico de preto de 45.000 euros

0

Esta infraestrutura é explotada a través de Augas de Galicia, que apoia aos concellos nas súa competencias de prestación do servizo municipal de tratamento das augas residuais, e os traballos teñen un prazo de execución de 3 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia vén de adxudicar obras de mellora na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDARs) do Concello de Melide, cun investimento autonómico de preto de 45.000 euros.

As actuacións de Augas de Galicia dispoñen dun prazo de execución de 3 meses e foron adxudicada á empresa S.

A. de Obras y Servicios Copasa.

Os traballos na estación depuradora de Melide consisten na execución dun novo bypass no desearador-desengraxador e a instalación dun novo sistema de control da calidade do vertido da EDAR.

Cómpre sinalar que esta infraestrutura é explotada pola Xunta, a través de Augas de Galicia, que apoia ás Administracións locais no desenvolvemento das súa competencias de prestación do servizo municipal de tratamento de augas residuais.

Esta intervención enmarcase na cooperación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade cos Concellos para que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, e garantir a calidade de vida dos seus habitantes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre