Inicio Galicia A Xunta adxudica en 512.000 euros as obras para acondicionar unha hospedería...

A Xunta adxudica en 512.000 euros as obras para acondicionar unha hospedería no Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que disporá de catro cuartos dobres e dous individuais para aloxamento, así como sala de almorzos e outros espazos comunitarios


A Xunta de Galicia vén de anunciar na plataforma pública Contratos de Galicia a adxudicación das obras para acondicionar unha hospedería no mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón, por un importe de máis de 512.000 euros. Tamén se habilitará un espazo multifuncional que poderá acoller información divulgativa do mosteiro e da Ribeira Sacra en xeral. O prazo máximo de execución dos traballos será de seis meses.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Cultura e Turismo actuará sobre a antiga hospedería, a casa do capelán, a torre barroca e parte da planta baixa, para sumar novos servizos e poder ampliar a visita cultural no Mosteiro cisterciense de Santa María de Ferreira de Pantón, que conta dende o ano 1975 coa declaración de ben de interese cultural coa categoría de Monumento.

As obras na planta primeira comprenden a execución das estancias da nova hospedería, entre eles sala de almorzos, catro cuartos dobres, dúas habitacións individuais, dúas salas comunitarias e outros espazos.

Tamén se reformará a planta baixa do ala leste do mosteiro para acoller, entre outros servizos, a recepción da hospedería, o mencionado espazo informativo sobre o monumento e a súa contorna, e o acceso tanto á torre barroca como á hospedería, que contará como elementos mais significativos cunha nova escaleira e un ascensor, ademais de espazos comúns complementarios de carácter externo. A proposta de intervención abarca múltiples aspectos, dende as subministracións básicas ata os acabados. Entre outros traballos, deben mellorarse as condicións de humidade na planta baixa executando una nova soleira ventilada; actuar sobre pavimentos, paredes e teito; dotalos de instalacións de electricidade, iluminación, calefacción e seguridade contra incendios; instalar novos aseos exteriores para facilitar o uso cultural do mosteiro; realizar traballos de consolidación e conservación nos tabiques barrocos, e deixar, polo menos, nun espazo comunitario unha fiestra arqueolóxica didáctica; e acometer diversos labores de cantería, carpintaría e forxa para restaurar distintos elementos do mosteiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre