Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras para mellorar o sistema de abastecemento de...

A Xunta adxudica as obras para mellorar o sistema de abastecemento de auga do concello de Betanzos

0

A actuación foi adxudicada por un importe de preto de 1,1 millón de euros e dispón dun prazo de execución de 9 meses

A Xunta, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar as obras para mellorar o sistema de abastecemento de auga do Concello de Betanzos.

Este contrato foi adxudicado á empresa Vázquez y Reino, S.

L. por un importe de preto de 1,1 millón de euros e dispón dun prazo de execución de 9 meses.

A intervención cofinanciarase a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural Galicia 2014-2020.

Na actualidade, a planta municipal está traballando ao límite da súa capacidade de produción real por mor dos valores de turbidez das augas de captación en época de chuvias.

Coa fin de solucionar estas carencias, ampliarase a capacidade da planta e optimizarase un proceso fisicoquímico na cabeceira da liña de auga, con posibilidade de instalar un tratamento de preoxidación.

Tamén se inclúe a posta en funcionamento da liña de filtros que actualmente está fóra de uso e a creación dunha nova liña de lodos.

Ao remate das actuacións, a estación de tratamento de auga potable dará servizo a unha poboación de 15.612 habitantes previstos para o ano horizonte de 2043.

A Xunta continúa prestando apoio técnico e financeiro aos municipios para que poidan desenvolver as súas competencias municipais e ofrecer servizos de saneamento e abastecemento dun xeito eficiente aos veciños. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre