Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras para dotar de nova rede de abastecemento...

A Xunta adxudica as obras para dotar de nova rede de abastecemento á parroquia de Tribás, no Concello de Pantón, cun investimento superior aos 250.000 euros

0

Estas actuacións, cun prazo duns 4 meses, permitirá ampliar este servizo de abastecemento de auga en condicións de potabilidade a toda a veciñanza

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia vén de adxudicar hoxe as obras de execución da nova rede de abastecemento de auga á parroquia de Tribás, no municipio lugués de Pantón, cun investimento superior aos 250.000 euros.

Este contrato, que permitirá ampliar este servizo de abastecemento de auga en condicións de potabilidade, foi adxudicado á empresa Proyecon Galicia S.

A, e dispón dun prazo de execución duns 4 meses.

Na actualidade a parroquia de Tribás non conta con rede de abastecemento municipal, aínda que si hai servizos a base de pozos particulares e captacións en mananciais. Con esta iniciativa preténdese dar un servizo de abastecemento de auga en condicións de potabilidade a toda a veciñanza.

As obras adxudicadas consisten en tres actuacións distintas pero complementarias: unha nova captación, a construción dun depósito e a execución material da nova rede de abastecemento nesta parroquia.

Polo que respecta á nova captación, construirase un pozo profundo, mediante unha sondaxe vertical, ata un profundidade estimada de 150 metros. No interior do pozo instalarase unha bomba somerxible encargada dos traballos de impulsión. Ademais contará cunha plataforma perimetral na cabeza do pozo e este protexerase cunha tapa de fundiciónTamén esta previsto construír un depósito de auga cunha capacidade de 25 metros cúbicos, dotado de sistema de cloración. A cámara de chaves dispoñerá de dous departamentos, un específico para aloxar o depósito de cloro e outro para valvulería e sistema de análise de auga en continuo para regular a dosificación de cloro e cumprir os parámetros sanitarios nos puntos de consumo.

Finalmente a rede de abastecemento está formada por tubaxes de polietileno de alta densidade. Irá soterrada baixo gabia. As unións das tubaxes executaranse con manguitos electrosoldables de maior durabilidade. Dispoñeranse das correspondentes válvulas de peche para sectorizar a rede e evitar cesar a prestación do servizo en caso de fugas. Así mesmo instálanse bocas de rego-incendio. Entre os traballos previstos están a reposición dos firmes existentes nas mesmas condicións, estando previsto realizalo cunha tripla rega asfáltica.

Esta intervención enmarcase na cooperación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade cos concellos para que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, especialmente á hora de garantir a calidade de vida dos que habitan o medio rural.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre