Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras para a execución dunha senda peonil e...

A Xunta adxudica as obras para a execución dunha senda peonil e ciclista no concello de Vilanova de Arousa por un orzamento de preto de 1,5 millóns de euros

0

Trátase dun novo itinerario en dous tramos das estradas PO-307, no treito que une o lugar de Deiro coa ponte da Illa de Arousa, e na PO-549, desde Tarrío a Cores

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de execución dunha senda peonil e ciclista no Concello de Vilanova por un orzamento de preto de 1,5 millóns de euros.

Esta actuación foi adxudicada á empresa Hordescon S.

L. e ten un prazo de execución duns oito meses, desde o seu inicio.

Trátase da execución dunha senda mixta en dous tramos das estradas de titularidade autonómica PO-307, no treito que une o lugar de Deiro coa ponte da Illa de Arousa, e na estrada PO-549, desde Tarrío a Cores, ao seu paso polo municipio pontevedrés.

As obras se iniciarán o vindeiro mes de xuño polo itinerario proxectado na estrada PO-549, e xa no outono comezarán os traballos no tramo que coincide coa PO-307.

Na estrada autonómica PO-549 actuarase no tramo comprendido entre o punto quilométrico 6+200 -situado en Tarrío, na zona na que rematan as actuais beirarrúas- e o p.q. 7+210, que conecta cun tramo de beirarrúa executado no ano 2012 pola Xunta. E xa no punto quilométrico 6+500 hai unha glorieta na intersección coa PO-307, na que conflúen as sendas proxectadas nas dúas estradas.

Neste treito construíranse sendas en formigón coloreado polas dúas marxes da estrada, que suman aproximadamente 2 quilómetros de lonxitude, cun ancho mínimo de dous metros.

Na PO-307 proxéctase a senda pola marxe esquerda da estrada. no tramo comprendido entre o punto quilométrico 0 – a glorieta de intersección coa PO-549 e coa PO-530- e o p.q. 1+640, ponte da Illa de Arousa. Neste punto, o novo itinerario peonil e ciclista conecta coa senda executada polo departamento de Infraestruturas da Xunta na PO-306, compartida entre Vilanova de Arousa e a Illa de Arousa. Neste caso, o novo itinerario contará con 3 metros de ancho e se separará da calzada mediante unha cuneta de seguridade e unha banda verde.

As obras prevén tamén a mellora das paradas de autobús, a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe e a colocación das canalización que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.

Esta obra está incluída no Plan de Sendas de Galicia, no “Estudo de Fomento da mobilidade sostible: Sendas peonís e/ou ciclistas na comarca do Salnés", cofinanciadas con Fondos FEDER 2014/2020.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre