Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras do novo aparcadoiro de Conxo, que se...

A Xunta adxudica as obras do novo aparcadoiro de Conxo, que se acompasarán cos traballos de integración paisaxística do Camiño Portugués que se están a executar neste barrio compostelán

0

Esta intervención da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezará o vindeiro mes de marzo, e supón un investimento de preto de 335.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de adxudicar as obras do novo aparcadoiro ao carón do centro de saúde de Conxo, que se acompasarán cos traballos de mellora e integración paisaxística do Camiño Portugués que se están a executar neste barrio compostelán.

O contrato foi adxudicado á empresa F. Gómez y Cia S.

L., por un investimento de preto de 335.000 euros. As obras comezarán o vindeiro mes de marzo e dispoñen dun prazo de execución de 6 meses.

Esta novo aparcamento ten como obxectivo substituír as prazas de aparcamento que os veciños de Conxo perden na praza do Campo de Conxo, con motivo das actuacións de reordenación do itinerario da ruta xacobea que esta a impulsar a Xunta nos accesos do Camiño de Santiago á cidade. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou a comezos deste mes outubro os traballos no núcleo de Conxo de Abaixo, que suporá unha reordenación do Camiño Portugués, mellorando a mobilidade peonil ao priorizar a peregrinos e veciños do lugar sobre o tráfico rodado, reducindo o tránsito de vehículos. A execución destas obras supón a eliminación dun número importante de prazas de aparcadoiro que actualmente usan os veciños do barrio de Conxo e, para evitar o perxuízo aos mesmos, proxectouse como actuación complementaria a adaptación como espazo de aparcadoiro da parcela de propiedade do Servizo Galego de Saúde, anexa ao Centro de Saúde.

Estas actuacións, que están a desenvolverse no marco dunha colaboración entre a Xunta e o Concello de Santiago, supón un investimento autonómico de 2 millóns de euros, e o obxectivo e polas a disposición dos veciños este verán.

Compre lembrar co conxunto das obras forman parte da iniciativa de mellora das chegadas dos Camiños de Santiago que está a desenvolver a Xunta para preparar a celebración do Xacobeo 2021 como un gran acontecemento turístico para o conxunto de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre