Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de saneamento e abastecemento nos núcleos...

A Xunta adxudica as obras de saneamento e abastecemento nos núcleos de Areal, Pedroso e Coque, no concello de Arteixo, cun investimento de 144.000 euros

0

A nova intervención na parroquia de Larín ten un prazo de execución de tres meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a execución das obras de saneamento e abastecemento nos núcleos de Areal, Pedroso e Coque, no concello de Arteixo.

Este contrato, adxudicado á empresa Proyecon Galicia S.

A., contará cunha achega que ronda os 144.000 euros e dispón dun prazo de execución des tres meses. A intervención consistirá na execución dunha rede de fecais cunha lonxitude total de 1.546 metros de tubaxe. Esta constará de dous colectores principais e dous secundarios, que recollerán os vertidos das vivendas situadas a ambas marxes da estrada AC-552 para conducilos á estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Groba.

A rede de abastecemento terá unha lonxitude de 933 metros, que se conectará coas tubaxes existentes. Instalarase un grupo de presión para alcanzar a cota máxima de 253 metros que é á hai que dar servizo.

Cómpre lembrar que esta obras adxudicadas hoxe veñen a sumarse a outra intervención de proxecto de mellora de saneamento e abastecemento noutros núcleos desta parroquia de Larín, concretamente en Larín de Arriba, Salto do Carro e Groba de Abaixo. Neste caso, a intervención foi recentemente adxudicada por máis de 132.000 euros á empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino, S.

L.

A Xunta, con estas actuacións, segue avanzando e traballando para darlle resposta ás necesidades do concello e no seu apoio ao desenvolvemento das infraestruturas hidráulicas desta parroquia, que está a rexistrar unha crecente actividade turística, polo que é precisa a ampliación destes servizos municipais.

Esta intervención está cofinanciada por Augas de Galicia a través do fondo europeo Feader no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) Galicia 14-20. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre