Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de reparación da cuberta das dársenas da...

A Xunta adxudica as obras de reparación da cuberta das dársenas da estación de autobuses do Carballiño

0

O contrato ten un orzamento de preto de 11.000 euros e establece un prazo de execución de 1 mes

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de reparación da cuberta das dársenas da estacións de autobuses do Carballiño.

O contrato foi adxudicado á empresa Construcciones y Reformas Tono Cruz 2016 SL, por un investimento de preto de 11.000 euros. As obras contan cun prazo de execución de 1 mes.

A intervención que se levará a cabo na estación de autobuses de Carballiño ten por obxecto a substitución da zona central da cuberta de policarbonato das dársenas. Os traballos inclúen tamén actuacións na zona do encontro da cuberta co edificio da estación, para evitar que se produzan filtracións de auga.

Esta actuación responde ao compromiso da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na recente xuntanza mantida co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega. Na reunión, a conselleira avanzou a realización destas obras como paso previo á cesión do edificio da actual estación de buses ao Concello. Ademais, propúxolle ao Concello trasladar os servizos de autobuses ao carón da estación de ferrocarril coa fin de facilitar a intermodalidade.

Este proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade permitirá facilitar un intercambio áxil e seguro entre os distintos modos de transporte público, facendo posible atender a demanda do Concello de destinar a actual estación de autobuses a usos sociais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre