Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de rehabilitación do firme na autovía AG-59,...

A Xunta adxudica as obras de rehabilitación do firme na autovía AG-59, entre Santiago e A Ramallosa

0

Os traballos, contratados por un importe de máis de 46.600 euros, comezarán nas vindeiras semana e contan cun prazo de execución de 1 mes

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de rehabilitación puntual do firme na autovía AG-59, entre Santiago e A Ramallosa. Os traballos, adxudicados por un importe de máis de 46.600 euros á empresa Construcciones Ponciano Nieto S.

L., comezarán nas vindeiras semanas. O prazo de execución estimado desta obra é de 1 mes.

A intervención ten como obxectivo a reparación puntual do firme na AG-59, nos puntos quilométricos 0 e 6, que se viron afectados polos temporais de chuvias do pasado inverno.

Actuarase especialmente na mellora do firme do enlace inicial da autovía coa autoestrada AP-53, en Santiago, e no semienlace final coa estrada autonómica AC-841.

A obra consistirá no fresado da capa de rodaxe do firme, así como a reposición da capa retirada mediante outra nova a base de formigón bituminoso en quente. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre