Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de reforzo dun noiro da estrada autonómica...

A Xunta adxudica as obras de reforzo dun noiro da estrada autonómica PO-400 ao seu paso pola parroquia de San Roque, no concello de Crecente

0

Esta actuación, adxudicada por preto de 38.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e conta cun prazo de execución de 1 mes

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de reforzo dun noiro da estrada PO-400, ao seu paso pola parroquia de San Roque, no concello de Crecente.

As obras, adxudicadas á empresa Cantería y Obras Manuel Vaqueiro S.

L.

U., por preto de 38.000 euros, conta cun prazo de execución de 1 mes. Os traballos comezarán nas vindeiras semanas.

A intervención vén motivada polos efectos dos temporais do pasado inverno, que provocaron un desprendemento de terras no noiro de desmonte situado na marxe esquerda da vía de titularidade autonómica, no punto quilométrico 31+880.

Trátase da construción de muro de cachotería en contención de noiro situado na marxe esquerda da estrada, no punto quilométrico 31+880, na zona próxima ao núcleo do Freixo.

Os traballos para a estabilización definitiva do noiro consistirán na escavación da gabia de cimentación con formigón ciclópeo, a execución do muro con bloques de granito, acuñado e ripiado, e o recheo da parte traseira do muro con xabre. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre