Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de mellora do firme na estrada entre...

A Xunta adxudica as obras de mellora do firme na estrada entre Cea e A Barrela, ao seu paso polo Concello de Carballedo, cun investimento de máis de 436.000 euros

0

Estas actuacións, que comezarán en maio, foron adxudicadas á empresa Grupo Bascuas 2008, S.

L., cun prazo de execución de 4 meses

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar as obras de reforzo do firme na estrada entre Cea e A Barrela (LU-901), ao seu paso polo Concello de Carballedo, cun investimento de máis de 436.000 euros.

Estas actuacións, que comezarán en maio, foron adxudicadas á empresa Grupo Bascuas 2008, S.

L., cun prazo de execución de 4 meses.

Os traballos complementan aos levados a cabo pola Xunta en 2016 mediante as que se ampliou a plataforma da estrada LU-901, que tiña aproximadamente 5 metros, ata acadar os 6 metros.

O proxecto adxudicado permite completar a rehabilitación do firme desta vía a través da extensión dunha nova capa de rodadura en toda a sección, salvo nas travesías nas que xa se actuou con anterioridade.

Ademais executaranse 1.035 metros de cuneta transitable para continuar ás executadas no ano pasado e melloraranse 8 obras de drenaxe transversal.

Leer más:  El PP denosta la alianza europea del BNG, al que ven "más cerca del terrorismo que de los gallegos"

Plan de reforzos de firmesA Xunta, coa execución deste tipo de traballos, continúa co desenvolvemento do Plan de Reforzos de Firme, que nos Orzamentos para 2018 incrementa de modo moi importante a súa dotación de 15 a 20 millóns de euros.

O Goberno galego segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.


- Te recomendamos -