Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de mellora do firme na estrada AC-550,...

A Xunta adxudica as obras de mellora do firme na estrada AC-550, entre Padín e Deán Pequeno, no concello de Ribeira

0

Estas actuacións, adxudicadas por un importe de case 50.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo dun mes

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de mellora do firme na estrada AC-550, no treito entre Padín e Deán Pequeno, no concello de Ribeira.

Estas actuacións, adxudicadas á empresa Construcciones Taboada y Ramos S.

L por un importe de case 50.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo dun mes.

Os traballos consistirán no fresado e na reposición do firme no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 107+320 e 107+850.

A intervención completa ás recentemente rematadas obras no treito que vai de Padín a Deán Pequeno, onde se renovaron as beirarrúas e a rede de pluviais, cun orzamento de case 250.000 euros.

Neste tramo da estrada levarase a cabo a citada extensión dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente.

A Xunta continúa traballando no mantemento e conservación da rede viaria autonómica coa fin de reforzar a seguridade e potenciar o desenvolvemento económico e social. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre