Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de mellora do firme en varias estradas...

A Xunta adxudica as obras de mellora do firme en varias estradas autonómicas nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Betanzos

0

A actuación, adxudicada por un importe de máis de 880.000 euros, conta cun prazo de execución de 5 meses e o obxectivo é iniciala a finais de xullo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de mellora do firme en varias estradas de titularidade autonómica nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Betanzos.

Esta actuación, adxudicada por un importe de máis de 880.000 euros á empresa F. Gómez y Cía S.

L, conta cun prazo de execución de 5 meses. O obxectivo é poder iniciar as obras a finais de xullo.

O obxectivo da intervención é a mellora das condicións de circulación nas estradas de titularidade autonómica AC-231, ao seu paso polos municipios de Aranga, Curtis e Sobrado, e na estrada AC-840, ao seu paso polos concellos de Betanzos, Oza-Cesuras, Curtis, Vilasantar e Boimorto.

Máis en concreto, o contrato recolle a rehabilitación do firme nos tramos que presenten carencias para prolongar a vida útil do pavimento, mediante o fresado e reposición do firme existente con mestura bituminosa en quente ou o seu recrecido con microaglomerados segundo as necesidades.

Así mesmo, prevese a limpeza de cunetas e a reposición de sinalización horizontal. Tamén se inclúen pequenas partidas de sinalización vertical, cunetas e barreira de seguridade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre