Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de mellora do firme en catro estradas...

A Xunta adxudica as obras de mellora do firme en catro estradas autonómicas na provincia de Ourense, cun investimento de 625.000 euros

0

Trátase de traballos de acondicionamento nas estradas OU-102, OU-103, OU-104 e OU-320, nos Concellos de Paderne de Allariz, Maceda, Baños de Molgas, Taboadela e San Cibrao das Viñas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de mellora de firmes en catro estradas autonómicas na provincia de Ourense, cun investimento duns 625.000 euros.

Os traballos serán acometidos pola empresa Extraco Construcións e Proxectos, S.

A, e inicio das mesmas está previsto para o mes de xullo, dispoñendo dun prazo de execución de seis meses.

Trátase de actuacións de rehabilitación da capa de rodadura nas estradas OU-102, OU-103, OU-104 e OU-320, nos Concellos de Paderne de Allariz, Maceda, Baños de Molgas, Taboadela e San Cibrao das Viñas.

Este proxecto ten por obxecto a rehabilitación do firme en puntos localizados mediante solucións baseadas no fresado e reposición ou extensión de aglomerados, segundo as necesidades de cada treito, mellora da drenaxe e reposición de sinais horizontais e de elementos de balizamento. Ademais nas estradas OU-103, OU-104 e OU-320 colocaranse captafaros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade impulsa estes traballos co obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre