Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de mellora do abastecemento de auga no...

A Xunta adxudica as obras de mellora do abastecemento de auga no núcleo de Furriolo, no Concello da Bola, cun investimento de máis de 43.000 euros

0

Esta actuación dispón dun prazo de execución de 3 meses, e ten por obxecto reforzar o servizo de subministro de auga, de xeito que os veciño poidan ter auga en cantidade e calidade suficiente para satisfacer a súa demanda

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar as obras de mellora do abastecemento de auga do núcleo de Furriolo, no municipio ourensán da Bola, que dispón dun orzamento de máis de 43.000 euros.

Os traballos serán executados pola empresa Explotacións Medioambientais, S.

L., e dispoñen dun prazo de execución de 3 meses desde o seu inicio.

A actuación ten por obxecto reforzar o servizo de subministro de auga neste núcleo do concello, de xeito que os veciño poidan ter auga en cantidade e calidade suficiente para satisfacer a súa demanda.

A intervención céntrase na mellora do depósito de abastecemento existente en Furriolo, que ten perdas de auga e atópase deteriorado, e a execución dunha nova captación de augas. Os traballo no depósito consisten na aplicación dun tratamento impermeabilizante no seu interior, para evitar as perdas de auga, e xusto debaixo dos mesmo realizarase a nova captación. Para esta nova captación é necesario tamén instalar o abastecemento eléctrico, xa que na actualidade non se dispón de rede eléctrica nas inmediacións do depósito.

As obras inclúen a obra civil precisa para protexer as instalacións, tanto dos exteriores de nova construción coma os xa existentes, que serán pintadas de cor ocre, co fin de acadar unha mellor integración no entorno, e que produzan un menor impacto visual. Tamén se aplicará pintura nas partes metálicas exteriores, para mellorar a súa conservación e previr o seu deterioro.

A actuación necesaria para a nova captación consta de instalación de cable eléctrico para abastecemento de corrente trifásica. Non é necesario ningunha outra actuación paralela, xa que os postes de formigón xa se atopan colocados na zona dende hai anos.

O Organismo hidráulico da Xunta vén prestando o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre