Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de mellora de firme na estrada AC-114...

A Xunta adxudica as obras de mellora de firme na estrada AC-114 entre o Val e Baltar, no concello de Narón, co fin de inicialas nas vindeiras semanas

0

Tras a execución dos traballos, a estrada será transferida á Administración local

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de mellora de firme na estrada AC-114, entre os núcleos do Val e Baltar, en Narón.

Unha vez realizadas estas obras, tramitarase o cambio de titularidade da estrada a prol do Concello de Narón.

Estes traballos foron adxudicados á empresa Arias Infraestruturas S.

A. por un importe de máis de 48.000 euros. As obras comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución dun mes aproximadamente.

A intervención levarase a cabo en toda a lonxitude da estrada AC-114, desde o punto quilométrico 0 ata o 0+630, co obxectivo de acondicionar esta vía que dá acceso ao convento de Baltar.

As actuacións centraranse no estendido dunha capa de rodadura, na execución de cuñas de transición nos accesos a vivendas e na reposición das marcas viarias de bordo de calzada e da sinalización horizontal.

A Xunta continúa traballando na conservación e mantemento das estradas autonómicas coa fin de incrementar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade dos cidadáns.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre