Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de mellora de firme en varias estradas...

A Xunta adxudica as obras de mellora de firme en varias estradas autonómicas ao seu paso polas comarcas do Condado, da Paradanta e do Baixo Miño, por un investimento duns 562.000 euros

0

Estas actuacións, cuxo inicio se prevé para o vindeiro mes de xuño, teñen un prazo de execución duns 4 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de mellora de firme en varias estradas autonómicas ao seu paso polas comarcas do Condado, da Paradanta e do Baixo Miño, por un investimento de máis de 562.000 euros.

Estas actuacións, cuxo inicio se prevé para o próximo mes de xuño, foron adxudicadas á empresa Construcciones Taboada y Ramos, cun prazo de execución duns 4 meses.

As obras consistirán na rehabilitación da capa de rodadura en diferentes tramos de varias vías autonómicas desta contorna, que presentan carencias, co fin de mellorar o seu estado de conservación e incrementar a seguridade viaria.

As reparacións levaranse a cabo na estrada PO-252, no Concello de Mondariz, no tramo entre o p.q. 3+820 e 4+000; na PO-254, nas travesías de Bugarín, Prado e Pías, nos Concellos de Ponteareas e Mondariz; ou na PO-262, entre o p.q. 0 e o 3+500, e na travesía de Vilasobroso, tamén no Concello de Mondariz.

Outras estradas nas que tamén se actuará, no marco deste contrato, son a PO-400, no tramo entre o p.q. 0+100 e o 3+400; e na PO-403, dende o p.q. 0 ao 10+800, nos Concellos de Salvaterra de Miño e Ponteareas.

Este contrato tamén contempla melloras de firme no Concello de Tui, concretamente na estrada PO-404, ao seu paso pola parroquia de Guillarei; ou no Concello da Cañiza, na travesía desta localidade.

A Xunta segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre