Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de mellora da seguridade viaria na estrada...

A Xunta adxudica as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-190, no concello de Valga, cun investimento de preto de 287.000 euros

0

As actuacións teñen previsto iniciarse na segunda quincena de marzo

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2019.- a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a execución das obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-190, no Concello de Valga, cun investimento de preto de 287.000 euros.

As actuacións serán acometidas pola empresa construtora Marconsa S.

L., e o seu inicio das mesmas está previsto para a segunda quincena de marzo.

Os traballos realizaranse ao longo de 1,3 KM desta estrada autonómica, entre o punto quilométrico 0 ata o 1+270.

Trátase da execución de novas beirarrúas, a ampliación das xa existentes, e a regularización con novo pavimento para mellorar a mobilidade e seguridade dos peóns. Na mesma se inclúe a colocación de varandas nas zonas de desniveis, que garantan a protección fronte a caídas, e a redistribución e ampliación dos vaos peonís existentes e adaptación das pendentes accesibles.

O proxecto tamén prevé sobreelevar os pasos de peóns para reducir a velocidade do tráfico e mellor a seguridade viaria, executando ademais muros de contención para a sustentación das beirarrúas existentes.

Nos traballos se repararán os colectores de pluviais que se mostren deteriorados, e se executarán novos pozos de rexistro, substituíndose os anteriores. Ademais se adaptarán os servizos existentes e acondicionaranse as zonas de afundimento do firme, con reposición das gabias de colectores de pluviais.

A actuación no trazado completarase co repintado das marcas viarias e a sinalización horizontal e vertical. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre