Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de mellora da rede de saneamento confluente...

A Xunta adxudica as obras de mellora da rede de saneamento confluente na depuradora de Valga

0

Os traballos, adxudicados por un importe de máis de 46.000 euros, teñen un prazo de execución de tres meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de mellora da rede de saneamento confluente na depuradora de Valga.

Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones, Obras y Viales S.

A por un importe de máis de 46.000 euros, teñen un prazo de execución de tres meses.

As actuacións consistirán na rehabilitación e mellora de conducións e pozos de rexistro ubicados en distintos núcleos do concello como Vilar ou Vilarello, na zona paralela á vía férrea ou no paso elevado fronte á praia fluvial.

Tamén se actuará nos pozos situados en Laxes, A Torre, Castiñeiras, A Carballa, en Cimadevila ou na contorna de Outeiriño.

A intervención sobre de todos estes puntos de entrada ten por obxecto reducir os problemas de exceso de caudal e augas altamente diluídas que recibe a EDAR de Valga coa fin de acadar un funcionamento máis eficaz nesta infraestrutura hidráulica. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre