Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de mellora da estrada OU-154 ao seu...

A Xunta adxudica as obras de mellora da estrada OU-154 ao seu paso polo reino, no concello de Piñor, por un investimento de preto de 100.000 euros

0

Os traballos impulsados pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade co obxectivo de incrementar a seguridade viaria, comezarán no primeiro trimestre de 2020 e disporán dun prazo de execución duns tres meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de adxudicar as obras de mellora da estrada OU-154, ao seu paso polo núcleo do Reino, no Concello de Piñor.

O contrato foi adxudicado á empresa Hordescon S.

L. por un investimento de preto de 100.000 euros.

Os traballos para acometer o acondicionamento desta vía autonómica, que inclúen a reposición de servizos, comezarán no primeiro trimestre do vindeiro ano e disporán dun prazo de execución duns tres meses aproximadamente.

A intervención consistirá na adecuación da estrada OU-154, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+741 e 2+025, co obxectivo de incrementar a seguridade viaria na contorna.

Esta actuación contemplará a remodelación dos espazos para protexer a circulación dos peóns e a disposición de nova sinalización e redutores físicos de velocidade.

Tamén se levarán a cabo a rehabilitación do firme neste tramo, así como a substitución das redes de servizo aéreas de alumeado e de teléfono por unha canalización soterrada.

Ademais o proxecto incluirá a mellora da iluminación mediante a substitución dos puntos de luz por novas farolas con luminarias led. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre