Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de impermeabilización dos depósitos de abastecemento e...

A Xunta adxudica as obras de impermeabilización dos depósitos de abastecemento e de mellora no control da calidade da auga no concello de Arbo

0

Estes traballos, cun investimento autonómico de máis de 46.000 euros, contan cun prazo de execución de 1 mes

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar as obras de impermeabilización dos depósitos de abastecemento e de mellora no control da calidade da auga no concello de Arbo.

Esta intervención, cun investimento autonómico de máis de 46.000 euros, foi adxudicada á empresa Tvmac, S.

L.. As actuacións contan cun prazo de execución estimado de 1 mes.

Os traballos centraranse na impermeabilización dos depósitos do Couto 1, O Vieiro, Abelenda 1 e Abelenda 2. Para iso, previamente farase a limpeza da superficie interior.

As obras de impermeabilización dos depósitos realizaranse mediante morteiro impermeable mono compoñente deformable e elástico, compatible con auga potable e produtos de alimentación. No depósito do Vieiro, ademais procederase á reparación estrutural das zonas fisuradas.

Seguindo o proxecto destas obras, instalaranse caudalímetros electromagnéticos nos depósitos principais de Arbo, para poder detectar consumos anómalos e realizar una xestión máis eficaz.

No depósito da estación de tratamento de auga potable de Arbo instalarase tamén un regulador dixital para a medida e regulación do cloro e medida da temperatura.

Con esta intervención Augas de Galicia atende á petición de colaboración do Concello de Arbo. Trátase dunha das actuacións previstas na 1º fase do estudo realizado o pasado ano por Augas de Galicia para a mellora xeral do sistema de abastecemento neste municipio. O Concello, ante os problemas no sistema de abastecemento municipal, solicitou a colaboración para a mellora da rede, encamiñada a asegurar o subministro estival, a reducir as perdas de caudal e a optimizar os depósitos.

Augas de Galicia ten xa contratada a redacción do proxecto da 2ª fase da mellora do sistema de abastecemento, neste municipio, por un importe de máis de 18.000 euros. Neste caso, trátase da elaboración dun proxecto construtivo para proseguir co desenvolvemento do abastecemento de Arbo, que inclúa a renovación do bombeo principal, nova tubaxe de impulsión ao Couto de maior diámetro, nova estación de tratamento de auga potable e nova conexión entre o depósito do Corgo e o de Arbo.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre