Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de execución dunha nova senda peonil na...

A Xunta adxudica as obras de execución dunha nova senda peonil na estrada PO-233, en Cotobade

0

A actuación, adxudicada por un importe de case 48.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de dous meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de construción dunha nova senda peonil na estrada PO-233, en Cotobade.

A actuación, adxudicada á empresa Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela S.

L por un importe de case 48.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de dous meses.

Este proxecto ten como obxectivo facilitar a mobilidade dos veciños en condicións máis seguras e sustentables.

O itinerario desenvolverase pola marxe dereita da vía autonómica, no treito entre os puntos quilométricos 9+050 e 9+424, que actualmente non conta con zona de circulación peonil independente do tráfico rodado.

A senda terá un ancho mínimo de dous metros, en función do espazo dispoñible en cada zona, composta por unha capa de 10 centímetros de espesor de formigón.

Nos puntos quilométricos 9+144 e 9+243 existen obras de drenaxe transversal, polo que se prolongarán o colector ou as tubaxes baixo a senda proxectada.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre