Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de construción dunha senda entre Roxos e...

A Xunta adxudica as obras de construción dunha senda entre Roxos e Aldea Nova por un investimento de case 270.00 euros

0

Esta actuación iniciarase este verán e dispón dun prazo de execución de 6 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de construción dunha senda peonil na marxe dereita da estrada de Noia, AC-543, entre Roxos e Aldea Nova, por un investimento de case 270.000 euros.

O departamento de Infraestruturas da Xunta prevé iniciar os traballos este verán. As actuacións, que se adxudicaron á empresa Construcciones J Mauri e Hijos S.

L., teñen un prazo de execución de seis meses.

Esta intervención permitirá executar unha senda dunha lonxitude aproximada de 980 metros, desde o tramo comprendido entre á saída de Roxos, no Concello de Santiago e a urbanización Aldea Nova, no Concello de Ames.

O itinerario terá dous metros de ancho e será de formigón coloreado, estando separado da calzada por unha zona axardinada de case un metro, salvo en zonas puntuais para reducir a afección, máis os bordos de separación.

Como obras complementarias, instalarase un colector para canalización das augas de drenaxe e de catro tubos en previsión de futuras necesidades de redes de electricidade ou telecomunicacións.

Nesta mesma estrada autonómica AC-543 está xa a disposición dos veciños a senda entre Santiago e Vidán, que dará continuidade ao itinerario peonil e ciclista que se está a executar nestes momentos entre A Barcia e Roxos, e que continúa con este novo itinerario entre Roxos e Aldea Nova. A estes itinerarios hai que sumar a outra senda existente no municipio de Brión, entre a urbanización Monte Devesa e ata Aldea Buio.

Deste xeito, cando se rematen estas 4 actuacións haberá 6 novos quilómetros de itinerarios peonís á beira desta estrada que, cun investimento de 2,4 millóns de euros, posibilitarán que os veciños da contorna poidan ir camiñando de modo seguro ao longo de todo o treito comprendido entre Santiago, Bertamiráns e Brión. Estas intervencións da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade forma parte do Plan de sendas de Galicia e están cofinanciadas polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre