Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de conservación e mellora na estación de...

A Xunta adxudica as obras de conservación e mellora na estación de autobuses de Lalín

0

A intervención, cun investimento de case 30.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución duns dous meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de adxudicar o contrato para executar as obras de conservación e mellora na estación de autobuses de Lalín.

A intervención, adxudicada á empresa Cíes Obra Civil S.

L. por un investimento de case 30.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución duns dous meses.

Os traballos centraranse na substitución de parte da cuberta de tella e na rehabilitación de elementos como a valla do perímetro ou a sinalización de dársenas.

Tamén se instalarán un rótulo de sinalización de estación de autobuses e unha pantalla informativa para optimizar o servizo ofrecido aos viaxeiros.

Estas obras están enmarcadas nun contrato máis amplo que o Goberno galego vén de adxudicar para efectuar actuacións de acondicionamento en varias terminais de autobuses da comunidade como Ferrol, Cambados, Vilagarcía de Arousa e Xinzo de Limia, cun orzamento autonómico de case 134.000 euros.

A Xunta, mediante estas accións, busca manter as instalacións en boas condicións para ofrecerlles aos usuarios uns servizos de calidade que fomenten o emprego do transporte público e respondan ás súas necesidades en materia de mobilidade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre