Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras das sendas peonís na estrada OU -537,...

A Xunta adxudica as obras das sendas peonís na estrada OU -537, en San Cibrao das Viñas, e na ou-536, na Derrasa, no Pereiro de Aguiar

0

Os traballos, contratados por un importe de preto de 780.000 euros, contan cun prazo de execución de 6 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de execución do itinerario peonil e ciclista na estrada OU-537, na contorna dos parques empresariais, e outro na OU-536, na Derrasa, nos municipios de San Cibrao das Viñas e do Pereiro de Aguiar.

Os traballos, adxudicados por un importe de preto de 780.000 euros á empresa Hordescon S.

L., contan cun prazo de execución estimado de 6 meses.

Trátase da execución de dous treitos de senda mixta, peonil e ciclista, segura e accesible, nestas vías autonómicas.

A intervención define un itinerario na marxe dereita da estrada autonómica OU-537, a vía dos parques empresariais, cunha lonxitude aproximada de máis de 2 quilómetros, entre a intersección coa OU-101, na Medorra, e a intersección coa OU-536, na Derrasa.

A outra senda construirase na marxe esquerda da OU-536, desde o punto quilométrico 7+080, á altura da ponte sobre o río Loña, no trazado da antiga estrada, frecuentada por peóns pola proximidade do encoro de Cachamuíña, ata o paso de peóns do punto 8+080, na Derrasa.

As sendas terán un ancho mínimo de 1,8 metros na OU-537 e de 2,5 metros na OU-536, e irán separadas da calzada por unha cuneta de seguridade e por unha banda axardinada nalgúns tramos, segundo as necesidades de cada subtreito. Executaranse con formigón coloreado.

Estas actuacións, que serán cofinanciadas con Fondos Feder 2014/2020 para o fomento da mobilidade sustentable, están enmarcadas no Plan de sendas na comarca de Ourense. Este plan ten como obxectivo incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, posto que son os usuarios máis vulnerables das estradas. Tamén se busca promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre