Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras da nova senda peonil que conectará o...

A Xunta adxudica as obras da nova senda peonil que conectará o albergue de peregrinos e o centro de Ordes

0

Esta actuación, cun investimento de case 510.000 euros, comezará en xullo e disporá dun prazo de execución de 6 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de execución dunha senda peonil entre o albergue de peregrinos de Poulo e o centro de Ordes.

Esta actuación, adxudicada á empresa Arias Infraestruturas S.

A. por un investimento de case 510.000 euros, disporá dun prazo de execución de 6 meses.

A Xunta prevé convocar o levantamento de actas previas á ocupación o vindeiro 1 de xullo, polo que as obras poderán comezar a continuación.

Trátase da construción dunha senda peonil na marxe dereita da estrada autonómica AC-524, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0+500 e 2, dándolle continuidade ao itinerario xa existente.

Esta actuación ten como finalidade mellorar a seguridade viaria na zona, separando o tráfico peonil do tráfico rodado, e fomentar unha mobilidade máis segura, sustentable e respectuosa co medio ambiente.

O novo treito conectará coa pousada de peregrinos e permitirá unir outros focos de atracción como os centros educativos IES Nº1, o colexio Alfonso Rodríguez Castelao, os pavillóns polideportivos ou os locais comerciais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre