Inicio Galicia A Xunta adxudica a restauración do retablo maior da igrexa de San...

A Xunta adxudica a restauración do retablo maior da igrexa de San Salvador de Mourisco, en Paderne de Allariz, por 30.000?

0

O conxunto, incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, recuperará a súa funcionalidade e lograrase frear o seu deterioro grazas a este traballo

A Xunta de Galicia vén de adxudicar a restauración do retablo maior da igrexa de San Salvador de Mourisco, en Paderne de Allariz, tras adxudicar actuacións de mellora por un importe de preto de 30.000 euros.

O obxectivo dos traballos, que se desenvolverán nun prazo aproximado de catro semanas, é recuperar a funcionalidade do retablo, atendendo á súa restauración integral, freando o seu deterioro e suprimindo os factores de alteración actuais e do futuro. Para conseguilo, realizaranse numerosas actuacións, entre as que figuran a supervisión e substitución de ancoraxes se fose necesario, a fixación da policromía, a reintegración cromática e a limpeza físico- química.

Na actualidade, a zona dereita do retablo presenta signos dun incendio que se propagou ata a cornixa e a zona do ático está deteriorada a causa da humidade. Así mesmo, o conxunto presenta unha grave acumulación de po e lixo, todas elas, situacións que se reverterán tras a restauración.

O retablo maior da igrexa de San Salvador de Mourisco está protexido polo seu valor cultural, ao estar incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia. Trátase dun retablo de estilo barroco datado do século XVIII. Presenta unha policromía rica en dourados á auga e marmoreados e está realizado en madeira tallada e ensamblada con cravos de ferro.

Cómpre destacar que, para desenvolver estes labores, a Xunta de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Diocese de Ourense para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración en varios inmobles eclesiásticos, entre os que se atopa a igrexa de San Salvador de Mourisco.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre