Inicio Galicia A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a mellora do sistema...

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a mellora do sistema de abastecemento de auga no Concello de Ares

0

Este contrato conta cun prazo de seis meses para a finalización dos traballos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto para a mellora do sistema de abastecemento do concello de Ares.

Este contrato, adxudicado á empresa Proyfe S.

L. por un importe de preto de 18.000 euros, conta cun prazo de seis meses para a finalización dos traballos.

O proxecto ten como obxectivo definir as actuacións necesarias para responder ás necesidades en materia de abastecemento do concello de Ares, que se ven especialmente incrementadas no verán por mor da actividade turística.

A Xunta realizou previamente un estudo de alternativas que determinou como solución máis viable a execución dun depósito e das tubaxes correspondentes.

No marco desta intervención, dotarase dun depósito de cabeceira ao concello de Ares e substituirase a tubaxe, tanto desde a derivación da Barca cara á nova instalación coma desde esta cara á entrada do núcleo principal.

Estas actuacións permitirán garantir a capacidade de regulación e almacenamento necesarios e minimizar as perdas de carga na condución.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre