Inicio Galicia A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a mellora das instalacións...

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a mellora das instalacións da presa de Eiras

0

Este contrato dispón dun investimento de máis de 6.000 euros e ten un prazo de execución de 2 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto para executar actuacións de mellora das instalacións da presa de Eiras, cun investimento de máis de 6.000 euros.

Esta intervención, adxudicada á empresa Eptisa Servicios de Ingeniería, S.

L., ten un prazo de execución de 2 meses. E o contrato ten como obxecto optimizar o sistema de xestión do encoro que proporciona auga a Vigo e ao conxunto de concellos dependente do seu sistema de abastecemento.

Como resultado das visitas de inspección á presa de Eiras que se veñen realizando semestralmente desde Augas de Galicia, dentro do contrato de auscultación de vixilancia nesta presa, se determina a necesidade de realizar melloras no mantemento da infraestrutura.

Para a execucións destas actuacións, que exceden do mantemento ordinario, Augas de Galicia require a redacción dun proxecto construtivo que recolla a definición dos traballos necesarios para a súa execución.

Entre os traballos recollidos no contrato cabe destacar, a substitución as partes da instalación eléctrica que se atopen obsoleta e as actuacións necesarias para instalar un sistema que permita regular e medir con maior precisión e fiabilidade o caudal ecolóxico para verificar con garantías o cumprimento do establecido no Plan Hidrolóxico de Galicia- Costa.

Con esta actuación, a Xunta continúa a asumir os traballos necesarios para garantir a seguridade e o correcto funcionamento do encoro á espera de que o Concello de Vigo se pronuncie sobre a proposta de convenio polo que asumiría a xestión de Eiras. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre