Inicio Galicia A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora das redes de...

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora das redes de abastecemento e saneamento no núcleo do Navallo, no concello de Riós

0

O contrato, cun investimento autonómico duns 12.000 euros, ten un prazo de 4 meses para desenvolver os traballos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto de mellora das redes de abastecemento e saneamento no núcleo do Navallo, no concello de Riós.

Este contrato, cun investimento autonómico duns 12.000 euros, foi adxudicados á empresa E.

I.

C. Durán, S.

L., e o prazo estimado dos traballos será de 4 meses.

O Concello solicitou a colaboración técnica de Augas de Galicia para impulsar este proxecto, presentando unha memoria valorada que contempla unha actuación coa que pretende mellorar as redes de saneamento de augas residuais e abastecemento de auga potable no lugar do Navallo. Os traballos contratados por Augas de Galicia consisten en definir ata un nivel de proxecto construtivo a mellora das redes de saneamento e abastecemento municipais neste núcleo de poboación.

Para isto está previsto un traballo de análise da problemática a resolver e, no seu caso, obtención dos datos previos necesarios; para a continuación elaborar a nivel construtivo a alternativa seleccionada.

Trátase de proporcionar á poboación rural deste municipio ourensá os servizos básicos que cubran as súas necesidades, proporcionando benestar e facilitando a implantación de actividades que poidan xerar emprego, ao mesmo tempo que fixar a poboación.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén con estas actuacións o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre