Inicio Galicia A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da estrada OU-504,...

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da estrada OU-504, en San Cristovo de Regodeigón, no Concello de Ribadavia

0

Este contrato, adxudicado por un importe de máis de 18.000 euros, terá un prazo duns seis meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción do proxecto de mellora da estrada OU-504, en San Cristovo de Regodeigón, no concello de Ribadavia.

Este contrato, adxudicado á empresa Urbing, Proyectos de Urbanismo e Ingeniería Civil, S.

L. por un importe de máis de 18.000 euros, terá un prazo duns seis meses.

O obxecto do contrato é a definición das actuacións que é preciso levar a cabo o acondicionamento desta vía, entre os puntos quilométricos 1+850 e 2+960.

Trátase de renovar as beirarrúas do núcleo de San Cristovo de Regodeigón, ao longo de aproximadamente 1,1 km de lonxitude, entre o entorno da intersección coa N-120 ata o camiño do cemiterio.

A sección transversal actual consta de beirarrúas de entre 1 e 1,5 metros, beiravía de 0,5 m e carrís entre 3 e 3,5 m. Neste sentido, a solución centrarase en acadar beirarrúas de 1,5 – 1,8 metros para mellorar a accesibilidade ou carrís tendentes aos 3 metros.

No proxecto tamén se valorará a necesidade de instalar medidas de redución de velocidade, o reforzo do firme da travesía e a actualización de sinalización horizontal e vertical existente.

Ademais prevese a substitución das redes municipais de servizos urbanos, especialmente as relativas ao abastecemento e ao saneamento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre