Inicio Galicia A Xunta adxudica a redacción do proxecto de humanización da estrada PO-323,...

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de humanización da estrada PO-323, entre o cruce coa Avenida Mariña Española e o IES Leixa, no concello de Vigo

0

O contrato foi adxudicado por un importe superior aos 18.000 euros e ten un prazo de execución de 6 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción do proxecto de humanización da PO-323, no treito comprendido entre o cruce da estrada autonómica coa Avenida Mariña Española e o IES Leixa, no concello de Vigo.

Este contrato foi adxudicado á consultora Proyfe, S.

L, por un importe de máis de 18.000 euros. O prazo de execución dos traballos é de 6 meses.

Trátase dunha primeira fase de humanización deste tramo da estrada no termo municipal de Vigo, e o seu obxectivo é definir medidas de calmado de tráfico e de protección dos usuarios máis vulnerables, como son os peóns, nesta vía autonómica con características moi urbanas.

No proxecto teranse en conta os puntos singulares deste tramo da estrada PO-323, fundamentalmente as interseccións que dan acceso a equipamentos moi relevantes como a ETEA ou o centro de saúde de Teis. Estudarase tamén o mellor tratamento para a seguridade viaria e a humanización destes puntos.

Ademais, prestarase especial atención á intersección coa Avenida da Marina, pola que se da acceso á ETEA e á zona de Riós. Esta Avenida presenta unha sección arborada moi característica que se interrompe uns metros antes da PO-323. Buscarase no proxecto mellorar este acceso e ennobrecelo.

O proxecto busca, ademais, coordinar a súa execución co desenvolvemento efectivo do Campus do Mar na ETEA.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre