Inicio Galicia A Xunta adxudica a redacción do proxecto de execución de reforzo do...

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de execución de reforzo do firme da estrada autonómica LU-170, entre Cabreiros e Momán, no Concello de Xermade

0

O contrato foi adxudicado por un importe de preto de 15.000 euros e ten un prazo de execución de 6 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción do proxecto de execución de reforzo do firme da estrada autonómica LU-170, entre Cabreirós e Momán, no Concello de XermadeEste contrato foi adxudicado á empresa Sepco, Servicios y productos de obras, S.

L, por un importe duns 15.000 euros. O prazo de execución dos traballos é de 6 meses.

A lonxitude de actuación é de 5 km aproximadamente, centrándose no treito comprendido entre o núcleo de Xermade e Cabreiros.

Os traballos obxecto do proxecto, inclúen a execución dunha actuación de mellora do firme, co estendido dun aglomerado en quente en todo o ancho da plataforma, así como a execución de cunetas de seguridade en determinados treitos.

O departamento de Infraestruturas impulsa a redacción deste proxecto de renovación da capa de rodadura e mellora da seguridade viaria para a súa execución en 2021, que suporá un investimento autonómico estimado en 400.000 euros, tal e como avanzou recentemente no Parlamento o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez.

En paralelo, a Xunta mantén a planificación do ancheamento da estrada neste treito da LU-170, para o que ten redactado un proxecto para actuar no tramo comprendido entre as proximidades do parque empresarial de Xermade e Cabreiros. Segundo o proxecto, actuarase nunha lonxitude de 5.100 metros, co obxecto de ampliar ata os 7 metros a plataforma da estrada. Ao longo do tramo actuarase de forma puntual nas interseccións coas vías públicas xa existentes.

Este proxecto, que suporá un investimento de 1,9 millóns de euros, agárdase que poida ser financiado coas liñas de actuación que o Estado lle propoña á Unión Europea para os fondos de reconstrución.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre