Inicio Galicia A Xunta adxudica a redacción do proxecto de construción de beirarrúas na...

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de construción de beirarrúas na estrada LU-133, en Castro de Rei

0

Este contrato, adxudicado por preto de 15.000 euros, conta con seis meses de prazo para redactar o proxecto

A Xunta vén de adxudicar a redacción do proxecto de construción de beirarrúas na estrada LU-133, en Castro de Rei.

Este contrato, adxudicado á empresa Enurcoin S.

L. por preto de 15.000 euros, conta con seis meses de prazo para redactar o proxecto.

As beirarrúas executaranse ao longo de preto de 1 km, no tramo da estrada comprendido entre os puntos quilométricos 5+070 e 6.

O obxectivo desta intervención é continuar a mellora das beirarrúas realizada nesta vía, de modo que se completen as actuacións recentemente rematadas de renovación entre os puntos quilométricos 3+820 e 5+070, ao longo de 1,2 quilómetros.

As obras xa finalizadas consistiron na ampliación e mellora de beirarrúas entre o casco urbano de Castro Ribeiras de Lea e as proximidades do cemiterio de Duarría.

Os traballos centráronse na renovación integral das beirarrúas, con novo pavimento e adaptacións que garanten a súa accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre