Inicio Galicia A Xunta adxudica a redacción do proxecto da Variante de Ribeira, cun...

A Xunta adxudica a redacción do proxecto da Variante de Ribeira, cun investimento de case 200.000 euros

0

No contrato adxudicado á UTE Tecyp Ingeniería e S

L-Esteyco SAP inclúese a redacción do proxecto de trazado e do construtivo correspondente á 1ª fase da actuación, o que permitirá adiantar prazos para a materialización das obras

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción do proxecto da Variante de Ribeira, que fixará as ocupacións e permitirá reservar os terreos necesarios para a súa execución, cun investimento que rolda os 194.000 euros.

Os traballos foron adxudicados á UTE Tecyp Ingeniería e S.

L-Esteyco, SAP e no mesmo contrato se inclúe a redacción do proxecto de trazado, de impacto ambiental e proxecto construtivo correspondente á 1ª fase da actuación, o que permitirá adiantar prazos para a materialización das obras.

Deste xeito e aínda que este contrato ten un prazo global de 20 meses, o obxectivo é que a mediados de 2019 se poida ter redactado o proxecto de trazado e o estudo de impacto ambiental,Unha vez rematados estes proxectos, a Xunta continuará cos trámites necesarios para o seu sometemento a información pública e, unha vez aprobado o proxecto de trazado e a declaración de impacto ambiental, poderá redactarse xa o proxecto construtivo da primeira fase.

Leer más:  Tres personas detenidas en libertad con obligación de comparecer en el marco de la 'Operación Vodka'

A Xunta avanza así nesta vía de novo trazado, que permitirá liberar de tráficos o centro da vila e facilitando o acceso á zona sur. Trátase de definir unha nova entrada por estrada ao núcleo de Ribeira, alternativa á actual, que desde o norte parta desde a rotonda da autovía, continúe ata a Avenida da Constitución e finalice na praia de Touro.

Esta variante terá uns 3 quilómetros de lonxitude e servirá de alternativa de percorrido ao núcleo de Ribeira, o que posibilitará unha maior distribución do tráfico e favorecerá a retirada de vehículos do centro da vila.

A nova vía está programada en dúas fases, unha primeira correspondente ao treito que discorre bordeando todo o núcleo urbano, ata a avenida da Constitución e, unha segunda, de continuación ata o porto, que se corresponde co ámbito máis urbano.

En definitiva, departamento de Infraestruturas da Xunta traballa para seguir avanzando e axilizando trámites para facer realidade a variante de Ribeira que, no seu conxunto, suporá un investimento autonómico estimado en 9,3 millóns de euros.  

Leer más:  El Ayuntamiento de Vigo ha otorgado la redacción del proyecto del túnel entre Elduayen y Torrecedeira por un valor de 288.000 euros

- Te recomendamos -