Inicio Galicia A Xunta adxudica a redacción do proxecto da segunda fase de mellora...

A Xunta adxudica a redacción do proxecto da segunda fase de mellora do abastecemento de auga no concello de Outeiro de Rei

0

O contrato, cun prazo de execución de 4 semanas, ten como obxectivo impulsar a ampliación deste servizo municipal

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto da segunda fase de mellora do sistema de abastecemento en Outeiro de Rei, cun investimento autonómico de máis de 8.000 euros.

Os traballos foron adxudicados á empresa Senén Prieto Ingeniería, S.

L., e dispoñen dun prazo de execución de 4 semanas desde o seu inicio.

A redacción deste proxecto ten como obxectivo fixar os traballos necesarios para executar as obras desta segunda fase de mellora de abastecemento en Outeiro de Rei, que consisten na ampliación da rede de abastecemento en 600 metros, e a súa conexión coa rede existente.

O investimento estimado por Augas de Galicia para executar esta ampliación servizo municipal de abastecemento no municipio ascende a 150.000 euros.

O organismo hidráulico da Xunta impulsa este contrato, tras ter rematado a 1ª fase das obras de mellora do abastecemento de auga no municipio lucense, cun investimento de 600.000 euros. Trátase das obras realizadas da ampliación da rede de abastecemento, para o que se fixo necesario executar a conexión da rede de distribución existente, e que se alimentaba dunha tubaxe que vai dende o depósito de cabeceira ata o polígono industrial de Matela, coa rede que se abastece da propia Estación de Tratamento de Auga Potable. Estas obras contaron co cofinanciamento dos Fondos FEADER, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural PDR Galicia 2014-2020.

Augas de Galicia mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local. Para reforzar ese apoio aos concellos, os Orzamentos do organismo hidráulico para 2020 medran nun 10 % e suman máis de 100 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre