Inicio Galicia A Xunta adxudica a redacción do proxecto da nova senda na estrada...

A Xunta adxudica a redacción do proxecto da nova senda na estrada AC-421, entre Xornes e a igrexa de San Xoán, en Ponteceso

0

Este contrato foi adxudicado por un investimento de case 18.000 euros e ten un prazo de 6 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción do proxecto da nova senda na estrada AC-421, entre Xornes e a igrexa de San Xoán, no Concello de Ponteceso.

Este contrato foi adxudicado ao consultor Marcos Pose Andrade, cun investimento de case 18.000 euros e un prazo de 6 meses para redactar o proxecto.

Esta senda, proxectada entre os puntos quilométricos 12+037 e 13+200 desta vía autonómica, supón darlle continuidade ao itinerario construído en 2017 entre os núcleos de Xornes, Buño e Canta la Rana.

As obras xa executadas, enmarcadas no Plan de sendas da comarca de Bergantiños, contaron cun orzamento de case 535.000 euros, co cofinanciamento dos fondos Feder 2014-2020.

A intervención, no seu conxunto, ten como obxectivos fomentar a mobilidade sostible e mellorar a seguridade dos peóns nesta contorna.

Ademais, dado que a sección actual é estreita e non dispón de beiravía, formularase cunha cuneta tendida de seguridade coma no treito xa en servizo. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre