Inicio Galicia A Xunta adxudica a redacción do proxecto básico e de execución da...

A Xunta adxudica a redacción do proxecto básico e de execución da nova estación de autobuses intermodal de Lugo

0

Este contrato ten un orzamento de 195.000 euros e establece uns 11 meses para a súa elaboración


a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de resolver a adxudicación do contrato de redacción do proxecto básico e de execución da nova estación de autobuses intermodal de Lugo.

Este contrato para a futura terminal conta cun orzamento de case 195.000 euros e foi adxudicado a empresa Idom, que dispón dun prazo total duns 11 meses para a súa elaboración.

Na redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses serán considerados os estudos previos da Xunta e o anteproxecto da nova área de transporte intermodal de Lugo redactado polo ADIF.

Tal e como recollen os estudos previos e o anteproxecto da nova terminal de autobuses intermodal, o espazo de circulación de dársenas e as plataformas coa súa cuberta de protección deberán ir enriba do aparcadoiro subterráneo incluído no proxecto que redactará ADIF. Trátase de buscar unha perfecta integración da nova terminal de autobuses tendo en conta o espazo no que se situará o novo edificio de atención aos viaxeiros e as dársenas de transporte.

Na redacción deste proxecto de execución da nova estación de autobuses intermodal a empresa adxudicataria determinará ademais os materiais construtivos e o deseño arquitectónico da terminal, buscando a maior funcionalidade e servizo aos usuarios e o menor impacto na súa contorna. Tamén terá que definir as entradas e saídas da terminal, tanto para os autobuses, como para turismos ou o tránsito de peóns. Novo espazo públicoA Xunta tamén está a avanzar no proceso de adxudicación da redacción do proxecto de transformación dos terreos da actual terminal nun gran espazo público para uso social e comercial que terá, ademais, un intercambiador de transporte. Na parcela da actual estación de autobuses habilitarase unha nova praza pública con zonas de paseo, mobiliario urbano, parque infantil, zonas verdes e unha parada de autobús con marquesiña que sirva como intercambiador e dende o que se podería habilitar un bus lanzadeira á estación intermodal.

Trátase dun solar de gran tamaño no centro da cidade e próximo á muralla e a rúas peonís, polo que debe ser destinada a un espazo de encontro para os veciños. Isto axuda a facer cidade no centro, aproveitando o traslado da estación de autobuses á nova intermodal que se situará xunto á actual estación ferroviaria. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre