Inicio Galicia A Xunta adxudica a redacción do estudo de alternativas para a mellora...

A Xunta adxudica a redacción do estudo de alternativas para a mellora da depuración na franxa costeira do concello de Oia

0

Este traballo conta cun investimento autonómico duns 18.000 euros e ten un prazo de execución de 4 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar o servizo para a redacción dun estudo de alternativas para mellorar a depuración na franxa costeira do concello de Oia.

Este contrato, cun investimento autonómico duns 18.000 euros, foi adxudicado á empresa Ingenia Proyectos Técnicos, S.

L. Os traballos conta cun prazo de execución de 4 meses.

O municipio de Oia conta na actualidade con 5 estacións depuradoras de augas residuais, que dan servizo o 62% da poboación municipal, concentrada principalmente na zona costeira. Sen embargo, nos últimos anos, o Concello ten manifestado dificultades no tratamento das súas augas residuais mediante as instalacións existentes.

Neste contexto, o Concello de Oia solicitou a colaboración da Xunta para definir a súa estratexia en materia de saneamento.

Recentemente Augas de Galicia redactou xa dous os proxectos de saneamento para as Mariñas, nos que se contempla unha solución para a parroquia costeira situada máis ao norte.

O estudo de alternativas adxudicado agora ten como finalidade buscar alternativas para mellorar a depuración en toda a franxa costeira.

Descrición dos traballosOs servizos contratados por Augas de Galicia consisten na elaboración do estudo que analice as distintas configuracións dos sistemas de saneamento existentes e as diferentes opcións de tratamento.

Os traballos organizarase en distintas fases, sendo a primeira a valoración da situación actual, recompilando os datos dispoñibles sobre os distintos sistemas de saneamento costeiros, os caudais e as demandas existentes e o funcionamento dos sistemas de depuración existentes. Nesta fase identificaranse os problemas existentes.

En segundo lugar, farase unha prognose da situación a futuro, co fin de que as alternativas que se analicen teñan en conta tanto a situación actual como escenarios futuros.

Para iso, o estudo deberá contemplar un mínimo de tres opcións, incluída a alternativa de continuar coa situación actual. Nas opcións que se formulen terase en conta a posibilidade de reducir as depuradoras en funcionamento ou dar continuidade ás obras proxectadas por Augas de Galicia nos últimos anos.

No caso de aproveitar instalacións de depuración xa existentes garantirase que a súa capacidade hidráulica e de tratamento é suficiente e, no caso de ser necesario, deseñarase a ampliación que se considere precisa. As opcións que contemplen novos trazados de redes de saneamento, definirán os trazados e as instalacións necesarias, tipo bombeo, cun grado de detalle suficiente, segundo os criterios establecidos pola dirección dos traballos.

A última fase consistirá na selección da mellor alternativa das formuladas a través dunha análise multicriterio, cos criterios e parámetros de análise acordados pola dirección do contrato.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre