Inicio Galicia A Xunta adxudica a redacción do estudo de alternativas da rede de...

A Xunta adxudica a redacción do estudo de alternativas da rede de saneamento e depuradora para os lugares de Devesa, a Silva, Berrimes, As Quintáns e A Costa, no concello de Lousame

0

Este traballo, adxudicado por un importe de máis de 16.000 euros, conta cun prazo de execución de 4 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar o servizo para a redacción dun estudo de alternativas para a execución da rede de saneamento e estación depuradora de augas residuais para os lugares de Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns e A Costa, no concello de Lousame.

Este contrato, cun importe de máis de 16.000 euros, foi adxudicado á empresa Organización y Gestión de Proyectos y Obras, S.

L. Os traballos conta cun prazo de execución estimado de 4 meses.

O Concello de Lousame solicitou a colaboración de Augas de Galicia manifestando as deficiencias do actual sistema de saneamento para os lugares de Devesa e A Silva, para o que ten redactada unha memoria valorada para a ampliación da rede de saneamento e construción dunha estación depuradora de augas residuais.

Os técnicos da Xunta constataron, nunha visita á zona, o problema descrito polo Concello, e engadiron os lugares de Berrimes, As Quintáns e A Costa, situados na marxe esquerda do río Pesqueira, que actualmente depuran as súas augas na mesma depuradora que os núcleos da marxe dereita do río: Portobravo, Bouciños e Croído.

Descrición dos traballosNo proxecto encargado polo Concello de Lousame a nova depuradora sitúase nunha parcela delimitada por dous cursos de auga, o río Pesqueira, pola cara oeste, e un rego sen denominación, pola cara norte. Atendendo á petición do Concello, Augas de Galicia adxudicou a redacción deste estudo para analizar diferentes opcións e acadar a solución máis axeitada, tendo en conta diferentes factores. O obxectivo deste contrato é verificar a viabilidade da parcela e propor a mellor alternativa, tanto para a implantación da estación depuradora, como para o proceso de depuración.

Para iso, será necesario un análise da problemática e, no seu caso, a obtención dos datos previos necesarios. Será preciso caracterizar dun xeito cualitativo e cuantitativo a auga residual influente nas fosas existentes. Tamén se realizará un exame da viabilidade da parcela proposta para a implantación da depuradora, tendo en conta aspectos urbanísticos, lei do solo, análises hidrolóxicas-hidráulicas, obxectivo e punto de vertedura, entre outros.

A última fase consistirá na selección da mellor alternativa das formuladas a través dunha análise multicriterio. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre