Inicio Galicia A Xunta adxudica a instalación dun paso de peóns con semáforo na...

A Xunta adxudica a instalación dun paso de peóns con semáforo na estrada PO-308 en Chancelas, no concello de Poio, co fin de reforzar a seguridade viaria

0

Estas actuacións, adxudicadas por un importe de case 38.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e contan cun prazo de execución dun mes

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de instalación dun paso de peóns con semáforo na estrada autonómica PO-308 en Chancelas, no termo municipal de Poio.

Estas actuacións, adxudicadas á empresa SETGA S.

L.

U. por un importe de case 38.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e contan cun prazo de execución dun mes.

Estas obras dan resposta a unha demanda dos veciños desta zona, que solicitaron medidas que lles faciliten os cruzamentos en condicións de seguridade. Neste sentido, a Axencia Galega de Infraestruturas avaliou varias alternativas e determinaron acometer a que permite garantir en mellores condicións a seguridade dos usuarios.

Trátase da instalación dun semáforo con pulsador detrás da parada de autobús para que os cruzamentos se fagan con seguridade e na habilitación dun pequeno refuxio para situar o semáforo e para a espera dos cidadáns.

Esta actuación inmediata complementarase posteriormente coas obras de mellora de seguridade viaria recollidas no proxecto de senda entre Combarro, Chancelas e Samieira. A Xunta está a promover unha renovación integral da estrada PO-308 nos concellos de Poio e Sanxenxo co fin de reforzar de forma substancial a súa seguridade viaria. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre