Inicio Galicia A Xunta adxudica a instalación de dous semáforos de control de velocidade...

A Xunta adxudica a instalación de dous semáforos de control de velocidade na estrada AC-301 ao seu paso polo Concello de Rois, cun investimento de máis de 34.000 euros

0

A obra comezará nas vindeiras semanas e ten un prazo de execución de 1 mes

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudica as obras para a instalación de dous semáforos de control de velocidade na estrada de titularidade autonómica AC-301 ao seu paso polo concello de Rois, cun investimento de máis de 34.000 euros.

Este contrato, adxudicado á empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones, S.

A., conta cun prazo de execución de 1 mes. As obras comezarán nas vindeiras semanas.

Trátase dunha actuación que mellora a seguridade viaria, tanto de peóns como de vehículos. Nesta estrada existe unha intersección en cambio de rasante coa estrada provincial DP-3302, con risco de accidentalidade por exceso de velocidade.

Para dar solución a esta problemática, o departamento de Infraestruturas da Xunta instalará no punto quilométrico 3+650, un semáforo por sentido de circulación, cun sensor de velocidade, con cambio a vermello cando os vehículos superen os 50 km/h.

O sistema de control de velocidade lévase a cabo mediante dous sensores instalados aproximadamente a 100-150 metros a rentes de asfalto que detectan a velocidade que leva cada vehículo. Deste xeito, se ao pasar o vehículo a súa velocidade é superior a 50 km/h o semáforo poñerase en vermello e o vehículo deterase, no caso contrario o semáforo estará en ámbar e o vehículo poderá seguir circulando.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre