Inicio Galicia A Xunta adxudica a execución dunha pasarela no pontón do Rego Abeledo,...

A Xunta adxudica a execución dunha pasarela no pontón do Rego Abeledo, en Sobrado, para garantir a seguridade no tránsito peonil de veciños e peregrinos neste treito da AC-934

0
image_gallery.jpg

Os traballos, adxudicados por un importe de preto de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de 3 meses


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de construción dunha nova pasarela adxacente ao pontón do rego Abeledo, en Sobrado, coa fin de garantir un tránsito peonil máis seguro para veciños e peregrinos neste treito da estrada AC-934.

Os traballos foron adxudicados á empresa F. Gómez y Cía S.

L. por un importe de preto de 48.000 euros. As obras prevén o seu comezo nas vindeiras semanas e terán un prazo estimado de execución de 3 meses.

A nova intervención complementa as obras de reforma que están a executarse nesta estrada autonómica, entre o límite coa provincia de Lugo e o cruce de Abeleiras, para o reforzo da seguridade viaria de condutores, veciños e peregrinos que percorren este tramo da vía coincidente co Camiño de Santiago do Norte.

Estas obras, cun investimento de 1,6 millóns de euros, céntranse no acondicionamento dun tramo da AC-934 de 4,5 quilómetros. Os traballos inclúen o ensanche da estrada actual, así como a execución dunha senda que eliminará a conxuntura actual na que o tráfico peonil discorre pola calzada, maioritariamente de peregrinos cara a Santiago.

Con este novo contrato, o departamento de Infraestruturas da Xunta amplía a actuación no punto quilométrico 15+050, a través da construción dunha pasarela de madeira de 8 metros de longo, adxacente ao pontón sobre o rego Abeledo.

A actuación inclúe os traballos de roza e preparación do terreo, a construción de senda peonil coas mesmas características que a definida na obra en execución ata os estribos abertos da nova pasarela, así como a remodelación dos sistemas de drenaxe para adaptalos á nova pasarela.

As actuacións forman parte dos investimentos que está a realizar a Xunta de cara a chegar o mellor preparados posible ao Xacobeo 2021 e permite mellorar a seguridade viaria e a comodidade na circulación dos usuarios, favorecendo a preparación do Camiño de Santiago.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre